As propiedades dos minerais
As propiedades dos minerais dependen da súa composición química e da súa estrutura. Podemos clasificar as propiedades en:
-
Propiedades físicas. Son aquelas que se poden determinar a simple vista:
Densidade. A relación entre a masa (o peso) e o volume (o que ocupa).
Magnetismo. Que sexan atraídos por un imán.
Conductividade. Que permitan o paso da corrente eléctrica.
-
Propiedades ópticas. Son aquelas que se producen se expoñen á luz.
Brillo. Describe o aspecto que presenta cando a luz se reflexa no mineral.
Transparencia. Propiedade que indica a cantidade de luz que atravesa un corpo.
Cor.
Luminiscencia. Propiedade de emitir luz despois de absorver algún tipo de enerxía.
-
Propiedades mecánicas. Son aquelas que dependen do comportamento do mineral fronte á aplicación de forzas externas.
Dureza. Resistencia que ofrece a superficie a ser raiada. Clasifícase segundo a escala de Mohs.
Fractura. Modo no que se rompe o mineral ao longo dunha superficie irregular.
Exfoliación. Tendencia a romperse nalgunhas direccións, como en láminas ou en cubos.