Por que hai vida na Terra?
Non foi só un motivo o que permitiu a existencia de vida na Terra, senón que foron un cúmulo de circunstancias.
En primeiro lugar, a Terra sitúase a 150 millóns de km do Sol, distancia que, xunto ao efecto invernadoiro que produce a atmosfera, permite que a temperatura da superficie sexa habitable.
A atmosfera tamén protexe a superficie terrestre da radiación perxudicial do Sol xunto co campo magnético.
Outro factor clave foi a existencia da hidrosfera, en concreto de auga líquida na superficie terrestre, xa que este foi o medio no que se desenvolveron as reaccións necesarias para o nacemento da vida fai 3.500 millóns de anos.