As capas da xeosfera
Codia. É a parte externa da xeosfera. Esta capa está en contacto coa hidrosfera e coa atmosfera. Sepárase en placas tectónicas (oceánicas, continentais e mixtas).
-
Manto. É a capa intermedia e atópase entre a codia e o núcleo abarcando dende os 33km de profundidade ata os 2900km e constitúe o 84% do volume do planeta. Está dividido en dous:
Manto superior. Está formado por rochas fundidas (magma). Xunto coa codia forman a litosfera.
Manto inferior. Esta parte está en estado sólido acadando temperaturas de 3.000°C.
-
Núcleo. É a capa interna da Terra. Está formada por:
Núcleo externo. Está en estado líquido. É o responsable da existencia do campo magnético terrestre.
Núcleo interno. Está en estado sólido.